martes, 10 de noviembre de 2009

FEDELLAR CON MOVIE MAKER

Sen dúbida o windows movie maker é un dos millores programas de microsoft.
A nivel usuario medio permite a creación de videos moi completos. A base de imaxes, con videos curtos que podemos ir montando, ou con calqueira outro archivo... É moi usado en creacións de tutoriales para colgar na web, reportaxes de todo tipo, creacións persoais para calqueira fin.
O seu uso é sinxelo e no único paso no que non se pode editar moitos puntos de explicación é na hora da nosa creatividade. No gusto que apliquemos á montaxe da nosa creación. Iso xa entraría nunha clase de creación artística, pois diso se trata, non de facer un video senón de crear o noso video, único e orixinal.
Neste aspecto non me vou meter, eu son o menos indicado para dar exemplos pois estou en plena etapa de aprendizaxe. En canto ó apartado técnico do uso deste programa darei unhas pinceladas.

En 1º lugar teremos claro o guión do noso video. O que imos contar ou mostrar. E a partir de ahí, seleccionaremos o material( imaxes, fotos, videos, música axeitada)
En canto ó tema da música ter claro que é o pilar principal, debe ter o ritmo i sobre todo unha velocidade correcta, para meternos de cheo na historia.
Entre cada imaxe ou video e titulo antes ou despois dun clip poñeremos unha transición para que a unión sexa o máis homoxenea posible. Temos gran variedade delas. Tamén son interesantes os efectos. Sobre un titulo insertado picamos botón dereito e danos varias opcións, entre elas a de efectos. Todo o proceso se basa nunha 1ª etapa de probar todas estas opcións e irnos familiarizando con elas para pouco a pouco ilas usando de xeito normal.

Sin máis deixo un tutorial sobre isto. A min persoalmente me encanta facer videos, algúns quedan millor que outros pero me lo paso pipa e animo a que fagades os vosos.





No hay comentarios: